Gerardo Machado
| Gerardo Machado | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 28 de Setembro 1871 | ||
| Lugar: | Camajuaní, Cuba |
||
| Falecemento: | 29 de Marzo 1939 | ||
| Lugar: | Miami Beach, Florida, USA | ||
| Organización: | Partido Liberal | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | 5º Presidente do Goberno de Cuba | ||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | |||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Gerardo Machado Morales (28 de Setembro 1871, Camajuaní - 29 de Marzo 1939, Miami Beach, Florida) Foi o quinto presidente de Cuba.
Índice |
Infancia, mocidade e camiño cara ao poder [editar]
Naceu o 28 de setembro de 1871 en Camajuaní, fillo de crioulos os cales pertencían a unha clase non moi acomodada. Ingresou moi novo ao chamado Exército Liberador, no cal se foi destacando até que chegou a ser xeral. Combateu na zona de As Vilas xunto a José Miguel Gómez, o home que anos despois o recoñecería como Secretario de Gobernación. En 1917 participou en Rebelión de A Chambelona, unha pequena guerra política que rematou coa derrota do Partido Liberal, ao cal pertencía Machado. Foi un importante executivo da General Electric Co. e ademais vicepresidente da Cuban Electric Company.
Ditadura [editar]
A partir de 1924 durante a campaña presidencial, anuncia o seu programa electoral no cal se destacan os seus proxectos en canto a benestar social, educación, sanidade e viarias. A consigna da súa campaña era: "agua, caminos y escuelas" (auga, camiños e escolas). Foi electo Presidente da república e asumiu o cargo o 20 de maio de 1925. Durante o seu goberno destacáronse a construción do Capitolio de la Habana, da 'Carretera Central' e diversos pero insignificantes logros económicos. O seu mandato caracterizouse por unha feroz represión contra as forzas opositoras. Durante o seu goberno, realizouse unha dura loita contra os comunistas cubanos, os cales atoparon en Machado un importante inimigo. Durante o seu goberno comezáronse a fortalecer os movementos revolucionarios.
Fortalecemento da oposición. Caída de Machado [editar]
Machado quen violara a Constitución cubana, foi elixido de novo nas eleccións (que aínda non foron aclaradas). Durante o seu goberno, presentáronse importantes figuras revolucionarias, tal é o caso de Julio Antonio Mella, Rubén Martínez Villena e un nacente Antonio Guiteras Holmes. O 10 de xaneiro de 1929, Mella é asasinado e isto levanta o poder opositor. O 12 de agosto de 1933, unha folga revolucionaria, encabezada por Rubén Martínez Villena, Machado é derrocado e obrigado a emigrar aos Estados Unidos cunha fortuna de dous millóns de dólares nas súas maletas. Alí morrería en 1939.
Valoración [editar]
O intelectual cubano Rubén Martínez Villena, durante a Folga de Fame de Xullo Antonio Mella, chamouno: "Asno con garras"