George Hill
| Indiana Pacers – No. 3 | |
| Base/Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de maio de 1986 (27 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
| Peso | 82 kg (180 lb) |
| Instituto | Broad Ripple |
| Información da carreira | |
| Universidade | IUPUI |
| NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 26
Escollido por San Antonio Spurs |
| Carreira | dende 2008 |
| Historial de equipos | |
| San Antonio Spurs (2008-2011) Indiana Pacers (2011-presente) |
|
| Información en nba.com | |
George Jesse Hill, Jr., nado o 4 de maio de 1986 en Indianápolis, Indiana, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Indiana Pacers da NBA.
Índice |
NBA [editar]
2008-09 [editar]
Hill foi escollido na 26ª posición do Draft da NBA de 2008. Fixo o seu debut o 4 de novembro de 2008 contra os Dallas Mavericks, no terceiro partido da tempada regular. Xogou 15 minutos, onde anotou 11 puntos, con 1 roubo de balón e 1 asistencia.[1] Rematou a súa tempada coma rookie con 5.7 puntos, 2.1 rebotes e 1.8 asistencias por partido.
2009-10 [editar]
Hill mellorou o seu rendemento na súa segunda tempada na liga. O seu número de minutos incrementou de 16.5 a 29 minutos de xogo por partido, xogando 43 de titular, a maioría debidos á lesión de Tony Parker. O 1 de abril de 2010, Hill conseguiu 30 puntos, a mellor marca da súa carreira en anotación, xunto con 5 roubos e 7 asistencias na vitoria sobre os Houston Rockets.[2] Rematou a tempada empatado con Kevin Durant e Marc Gasol na segunda praza do xogador máis mellorado da NBA. Os tres conseguiron 101 puntos.[3]
Nos playoffs de 2010, Hill xogou unha gran serie contra os Dallas Mavericks na primeira rolda. Comezou mal no primeiro partido, con 0 puntos en 17 minutos de xogo, tras volver dunha lesión de nocello. Mellorou nos seguintes partidos, con 7 e 17 puntos no segundo e terceiro partido respectivamente. No 4º partido, Hill liderou aos Spurs á vitoria, nunha noite moi frouxa de Parker, Ginóbili e Duncan, que anotaron 9 de 34 tiros entre os tres. Hill anotou 29 puntos, a súa mellor marca en playoffs, con 11 de 16 tiros de campo, e 5 de 6 triplas.[4] Hill acadou 22.3 puntos nas series, axudando aos Spurs a gañar a serie en seis partidos.
2010-11 [editar]
O 28 de marzo de 2011, Hill igualou a súa mellor marca de anotación, 30 puntos, na vitoria por 114-119 na casa dos Houston Rockets.
2011-12 [editar]
O 24 de xuñode 2011, na noite do Draft da NBA de 2011, Hill foi traspasado aos Indiana Pacers, a cambio da 15ª elección (Kawhi Leonard), a 42ª elección (Davis Bertans) e a 45ª elección do Draft de 2005, Erazem Lorbek.
Notas [editar]
- ↑ NBA Mavericks at Spurs Boxscore, NBA.com, 4 de novembro de 2008.
- ↑ McDonald, Jeff "Hill leads Spurs past Rockets" MySA.com, 1 de abril de 2010.
- ↑ Duncan, Chris "Rockets G Brooks NBA's most improved player" Yahoo! Sports, 22 de abril de 2010
- ↑ "Spurs vs. Mavs, Game 4 boxscore" Yahoo! Sports
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||