Georg Holtzendorff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beckett Street por Georg Holtzendorff. Mostra o «Derby Museum and Art Gallery» ao redor de 1882, cando había unha casa para o curador.

Georg Holtzendorff (tamén escrito Holzendorff) foi un pintor da Saxonia especialista en paisaxes, estatuíñas e querubíns, que se refuxiou en Inglaterra, a consecuencia da Guerra Franco-Prusiana.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Holtzendorff traballou para a Royal Crown Derby Porcelain Company e debuxou esbozos que representan a paisaxe de Derbyshire, que foron aplicados a porcelana.[2]

O seu traballo principal foi a decoración do Servizo de Sobremesa Gladstone, presentado polo Liberal Working Men of Derby ao primeiro ministro William Ewart Gladstone en 1883. Una acuarela de Holtzendorff (ao redor de 1882), cunha vista de Becket Street, Derby, co Derby Museum and Art Gallery no fondo, é o único estudo restante en papel vinculado ao servizo de Gladstone.[3]

Notas[editar | editar a fonte]