Genrih Perevoshchikov
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de setembro de 1937 Q12088808 |
Morte | 23 de outubro de 2016 (79 anos) Ijevsk, Rusia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Unión Soviética Rusia |
Educación | Udmurt State University (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor , xornalista |
Xénero artístico | Sketch story (en) , novela e novela curta |
Lingua | Lingua udmurta e lingua rusa |
Premios |
Genrih Ksenofontovich Perevoshchikov, nado en Verkh-Nyaz o 14 de setembro de 1937 e finado o 23 de outubro de 2016, foi un escritor udmurto.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha pequena aldea do distrito de Igrinsky e foi á escola da veciña aldea de Chutyr, logo estudou no centro de aprendizaxe para profesores de Jakšur-Bödja; non obstante, posteriormente cambiou para o instituto de Debes. Entre 1954 e 1960 cursou historia e filoloxía no Instituto Pedagóxico de Udmurtia, pero xa dende 1958 traballou como tradutor en radio Udmurtia e dun xeito regular entre 1963 e 1966 como correspondente e editor de programas para a xente nova. Dende 1992 dirixiu a sección de literatura da revista Keneš[1].
Actividade literaria[editar | editar a fonte]
Perevoshchikov está considerado un dos grandes escritores da narrativa urdmurta contemporánea[2]. En 1960 publicou o seu primeiro libro, unha colección de contos infantís Тӧдьы гырлы, e logo dous libros de ensaios Кыдазы егитъёс e Куашетӥз сильтӧл, en ton patriota sobre a loita dos campesiños durante a segunda guerra mundial[3].
En 1977 entrou na Unión de Escritores de Urdmurtia, e ese ano publicou Йыбыртты музъемлы que se converteu no primeiro volume da tetraloxía Йыбыртты музъемлы, en 1980 publicou o segundo libro da — Югдонын ӟардэ, a continaución — Тулкымлы пумит (1981) e finalmente Нуназе азьын (1986). O conxunto amosa os problemas da vida rural e das tentativas dos protagonistas para mellorar pero tamén a vida das persoas do común que deberían levar unha vida feliz baixo o socialismo pero non o logran polas condicións opresivas na que se desenvolve a súa vida.
En 1989 publicou Йӧвалег, protagonizada por un xornalista intelixente e divertido ao que ninguén axuda e pensa en suicidarse. A novela de 1996 Тӧдьы куака narra a época da perestroika por medio dun soldado que regresa a casa logo de participar na guerra de Afganistán intentando atopar a verdade e a xustiza. De 2003 é unha novela urbana Узы сяськаян вакытэ sobre a vida dun enxeñeiro xefe dunha grande empresa, de firmes principios que tras enfermar de cancro comeza a mirar a vida de xeito diferente; constitúe unha reflexión sobre a vida interior do protagonista baseada na morte súbita da propia filla de Perevoshchikov[4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Перевощиков Генрих Ксенофонтович" Национальная библиотека Республики Коми"
- ↑ Зайцева, Т. И. "Генрих Перевощиков и современная удмуртская проза: суть перемен" Вестник Вятского государственного гуманитарного университета. – 2008. – № 2(2). – pp 121–124
- ↑ "Перевощиков Генрих Ксенофонтович (1937)" Arquivado 18 de agosto de 2018 en Wayback Machine. www.alibudm.ru
- ↑ "Генрих Перевощиков" Arquivado 20 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Удмуртские писатели