Galera (imprenta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galera

En tipografía chámase galera a un utensilio de forma cuadrangular,[1] en madeira ou en metal, con tres rebordos por canal, por onde pode entrar e saír a táboa complementaria chamada volandeira.

Na superficie desta o caixista deposita as liñas para formar as planas que, atadas cun bramante ao redor do tipo, se quitan da galera sacándoas coa volandeira en que se apoian, até acabar formando a galerada (porción de liñas que caben nunha galera).[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. galera 3ª acep. no Dicionario da RAG.
  2. galerada 1ª acep. no Dicionario da RAG.