Gabrielle-Suzanne Barbot de Villeneuve

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGabrielle-Suzanne Barbot de Villeneuve

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Gabrielle-Suzanne de Villeneuve Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1685 Editar o valor em Wikidata
La Rochelle, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte29 de decembro de 1755 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , novelista Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioMadame D. V.
Madame de V*** Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesAmos Barbot de Buzay (pt) Traducir () Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3343855 Allocine: 667841 WikiTree: Barbot-26 Editar o valor em Wikidata

Gabrielle-Suzanne Barbot de Villeneuve, nada o 28 de novembro de 1685 en La Rochelle e finada o 29 de decembro de 1755 en París, foi unha escritora francesa. Tivo influencias de Madame d'Aulnoy, Charles Perrault e o preciosismo. É especialmente coñecida a súa obra La Belle et La Bête, a variante máis antiga coñecida do conto de fadas A Bela e a Besta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pertencía a unha poderosa familia protestante de La Rochelle. Era descendente do notábel Amos Barbot, par de Francia e deputado dos Estados Xerais en 1614. O seu irmán, Jean Amos, converteuse en alcalde de La Rochelle en 1610. Outro parente seu, Jean Barbot (1655-1712), un dos primeiros exploradores da África occidental e o Caribe, traballou como axente en barcos de escravos. Publicou os seus diarios de viaxes en francés e inglés cando emigrou a Inglaterra para escapar da persecución ao protestantismo, despois de Lois XIV revogar o Edicto de Nantes en 1685, que amparaba a liberdade de pensamento e culto.

En 1706 Gabrielle-Suzanne casou con Jean-Baptiste Gaalon de Villeneuve, membro dunha familia aristocrática de Poitou. Aos seis meses de casaren, solicitou a separación dos bens do seu esposo, quen xa malgastara gran parte da súa herdanza familiar conxunta. Do matrimonio naceu unha filla, mais non hai rexistros que indiquen se sobreviviu.

En 1711, con 26 anos, Gabrielle-Suzanne enviuvou. Foi perdendo a fortuna da súa familia e viuse na obriga de buscar un medio de traballo. Dirixiuse a París, onde coñeceu a Prosper Jolyot de Crébillon, Crébillon Père, o dramaturgo máis famoso da época. É probábel que comezasen a convivir a principios da década de 1730, malia que a data documentada máis temperá é 1748. Permaneceu con el até a súa morte en 1755. Gabrielle-Suzanne, quen o axudou no seu labor como censor literario real, foi coñecendo así os gustos literarios do público parisiense.

Principais traballos[editar | editar a fonte]

Coleccións de contos de fadas[editar | editar a fonte]

  • La Jeune Américaine ou les Contes marins (1740)
  • Les Belles Solitaires (1745)

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Le Phénix conjugal (1734)
  • Le Beau-frère supposé (1752)
  • La Jardinière de Vincennes (1753)
  • Le juge prévenu (1754)
  • Mémoires de Mesdemoiselles de Marsange (1757)

La Jardinière de Vincennes foi considerada a súa obra mestra. La Bibliographie du genere romanesque français 1751-1800 enumera 15 edicións da novela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]