G4C

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Versión extravehicular do traxe G4C, co módulo pectoral de control da ventilación e o umbilical recuberto de ouro.

G4C é a denominación dun tipo de traxe espacial estadounidense fabricado pola empresa Dave Clark para algunhas misións do programa Gemini. Usouse por primeira vez en 1964 e existía unha versión para actividades extravehiculares, o G4C AMU, usado en 1966 por primeira vez.[1][2] Unha evolución posterior foi o traxe A1C, pensado para as misións Apolo, pero que nunca chegou a usarse.

Co G4C os deseñadores buscaron un traxe con gran mobilidade. Foi usado por primeira vez na misión Gemini 4, durante o paseo espacial, e posteriormente en tódalas misións Gemini agás na Gemini 7. O traxe combinaba vexigas e unha capa de malla restritiva que melloraban a flexibilidade do traxe cando era presurizado.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2011). "G4C" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Mark Wade (2011). "G4C AMU" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]