Furacán Erika (2003)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe do furacán Erika o día 16 de agosto de 2003.

O furacán Erika foi un furacán que arremeteu contra o extremo nordeste de México, a carón da fronteira entre Texas e Tamaulipas, a mediados de agosto na tempada de furacáns no Atlántico de 2003. Erika foi o oitavo ciclón tropical, quinta tempestade tropical, e terceiro furacán da tempada. Ó principio, o Centro Nacional de Furacáns (NHC polas súas siglas en inglés) non o designou operacionalmente como furacán por mor da información inicial que pronosticaba ventos de 115 km/h na intensidade máxima de Erika. Non foi senón despois que se analizou a información, que o NHC o rexistrou como categoría 1 na escala de furacáns de Saffir-Simpson. A tempestade desenvolveuse a partir dunha área de baixa presión non tropical que comezou a vixiarse cinco días antes de desenvolverse sobre o golfo de México o 14 de agosto. Baixo a influencia dun sistema dalta presión, Erika moveuse rapidamente en dirección oeste e colleu maior forza coas condicións favorables. Arremeteu como furacán ó nordeste de México o 16 de agosto, disipándose rapidamente no interior.

Mentres que o precursor de Erika se movía a través de Florida, deixou fortes choivas. Ó sur de Texas, Erika produciu ventos moderados de entre 80 e 95 km/h ademais de choivas lixeiras, causando danos menores e illados no estado. No nordeste de México, Erika produciu unha moderada cantidade de choivas, dando como resultado asolagamentos e lamas. Ademais, produciu dous mortos ó arrastrar un vehículo pola auga.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]