Fun Trick Noisemaker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fun Trick Noisemaker
Álbum de The Apples in Stereo
Publicado2 de maio de 1995
Gravaciónoutubro de 1994 - febreiro de 1995
Duración39:54
44:35 (edición xaponesa)
Xénero(s)indie pop
Selo(s)SpinART Records, Elephant 6
Producido porRobert Schneider
Cronoloxía
Hypnotic Suggestion EP Fun Trick Noisemaker Science Faire

Fun Trick Noisemaker é o álbum de estrea da banda estadounidense de indie rock The Apples in Stereo, editado o 2 de maio de 1995. Foi gravada nunha casa dos Ánxeles, co estudio portatil Pet Sounds Studio de Robert Schneider. O álbum é talvez a gravación máis crua do grupo, sendo eclipsados os valores lo-fi das gravacións nos seguintes traballos. Trátase dun dos traballos máis alabados pola crítica de The Apples in Stereo.

A versión xaponesa de Fun Trick Noisemaker contén as cancións extra "Shine (In Your Mind)" e "Thank You Very Much". Eses temas poden atoparse en formato mp3 na páxina web de Elephant 6. Posteriormente foron incluídas no recompilatorio de rarezas e caras-b do 2008 Electronic Projects for Musicians.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas foron compostos por Robert Schneider agás onde se indique.

  1. "The Narrator" – 0:35
  2. "Tidal Wave" (R. Schneider/C. Parfitt) – 3:26
  3. "High Tide" – 2:33
  4. "Green Machine" – 2:50
  5. "Winter Must Be Cold" (H. Sidney) – 3:16
  6. "She's Just Like Me / Taking Time" – 4:36
  7. "Glowworm" – 3:02
  8. "Dots 1-2-3" (J. McIntyre/R. Schneider) – 2:31
  9. "Lucky Charm" – 3:26
  10. "Innerspace" (R. Schneider/J. Hill) – 2:36
  11. "Show The World" – 2:29
  12. "Love You Alice / D" – 4:27
  13. "Pine Away" – 4:07
  14. "Shine (In Your Mind)" – 3:36 (edición xaponesa)
  15. "Thank You Very Much" – 1:05 (edición xaponesa)