The Apples in Stereo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| The Apples in Stereo | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Denver, Colorado, |
| Período | 1992 - actualidade |
| Xénero(s) | indie pop, indie rock, neo-psicodelia, garage rock, powerpop |
| Selo(s) discográfico(s) | Elephant 6, SpinART Records, Simian Records |
| Membros | Robert Schneider John Hill Eric Allen Bill Doss John Dufilho John Ferguson |
| Antigos membros | Hilarie Sidney Chris McDuffie Jim McIntyre Chris Parfitt |
| Web oficial | http://applesinstereo.com/ |
The Apples in Stereo é unha banda estadounidense de indie rock asociada ao The Elephant Six Collective, un grupo de bandas onde tamén están incluídos Neutral Milk Hotel e The Olivia Tremor Control.
A banda é en grande parte produto do vocalista e guitarrista Robert Schneider, que compón a meirande parte da música e as letras do grupo. Na actualidade, The Apples in Stereo está composta por John Hill (guitarra), Eric Allen (baixo), Bill Doss (teclados), John Dufilho (batería) e John Ferguson (teclados), ademais de Schneider. A súa música ten grandes doses de rock psicodélico semellante ao que facían os Beatles ou The Beach Boys durante os anos 60.
Discografía [editar]
- Fun Trick Noisemaker - 1995 (SpinART Records, Elephant 6)
- Tone Soul Evolution - 1997 (SpinART Records, Elephant 6)
- Her Wallpaper Reverie - 1999 (SpinART Records, Elephant 6)
- The Discovery of a World Inside the Moone - 2000 (SpinART Records, Elephant 6)
- Velocity of Sound - 2002 (SpinART Records, Elephant 6)
- New Magnetic Wonder - 2007 (Simian Records, Elephant 6, Yep Roc Records)
- Travellers in Space and Time - 2010 (Simian Records, Elephant 6, Yep Roc Records)