Francisco Peña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Peña
Biografía
NacementoMoialde, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de outubro de 1947 Editar o valor em Wikidata
Florderrei Vello, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Francisco Peña, nado en Moialde (Vilardevós) e finado en Florderrei Vello o 27 de outubro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte. O 27 de outubro de 1947 oito gardas civís rodearon a vivenda de Amadeo Domínguez e Pilar Suárez en Florderrei Vello onde estaba agochado co seu compañeiro Ángel Santos Rodríguez. No asalto resultaron mortos Francisco Peña e o garda civil Miguel Álvarez Barreira, de Arzádegos. Os donos da casa, Amadeo Domínguez e Pilar Suárez, foron tamén asasinados. Amadeo foi asasinado no Pontón de Soutocobo nunha emboscada da Garda Civil, e Pilar foi torturada e ao día seguinte asasinada no Pinal da Carolina, preto de Florderrei Vello.

Notas[editar | editar a fonte]