Francisco Pérez Leirós

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Francisco Pérez Leirós, nado no Porriño o 5 de maio de 1895 e finado en Bos Aires o 14 de agosto de 1971, foi un político e sindicalista galego na Arxentina.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia trasladouse á Arxentina cando Francisco tiña tres anos. Traballou como obreiro e pintor. En 1912 afiliouse ao Partido Socialista e foi deputado no Congreso Nacional (1924, 1931, 1934 e 1942). Promoveu reformas sociais como unha lei de previsión social para gráficos e xornalistas. En 1916 fundou a Unión de Obreros y Empleados Municipales de Bos Aires (UOEM), da que foi secretario xeral a partir de 1919. En 1922 participou na creación da Unión Sindical Argentina (USA) e en 1926 promoveu a creación dunha Central Sindical. Desde 1935 participou nas tarefas directivas da Confederación General del Trabajo. O seu proxecto de formar unha central obreira latinoamericana culminou na creación da Confederación de Trabajadores de América Latina (CETAL) en 1938, da que foi vicepresidente ata 1945. Durante os gobernos de Juan Domingo Perón desenvolveu a súa actividade na clandestinidade. Participou na Organización Regional Interamericana del Trabajo (ORIT). Dirixiu os xornais obreiros bonaerenses Democracia Sindical, La Confederación e El Obrero Municipal.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Grandezas y miserias de la lucha obrera, 1941.
  • El movimiento sindical de América Latina, 1974.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]