Fiat CR.32

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fiat CR.32
Fiat CR.42 aka J11.jpg
CR.32 da aviación sueca
Tipo Caza
Fabricante Fiat
Construídos Uns 1.100

O Fiat CR.32 foi un caza biplano italiano usado durante a Guerra Civil española e a Segunda Guerra Mundial. Fixo o seu primeiro voo en agosto de 1933 e foi o principal caza de Italia durante os anos 30. Desenvolveuse a partir do CR.30, do que conservaba a estrutura metálica con revestimento de tea e metal, pero era máis pequeno e máis áxil. Construíronse unhas 1.100 unidades deste avión.

Durante a Guerra Civil española foi o caza máis numeroso do bando nacionalista e dos seus aliados italianos. Os primeiros exemplares chegaron a Marrocos a comezos de agosto de 1936, pouco despois de iniciarse a guerra. En total chegarían 380 exemplares.