Fear Street Part One: 1994

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fear Street Part One: 1994
Ficha técnica
Título orixinalFear Street Part One: 1994
DirectorLeigh Janiak
Produtor
Guión
  • Phil Graziadei
  • Leigh Janiak
Baseado enFear Street de R. L. Stine
Intérpretes
Música
FotografíaCaleb Heymann
MontaxeRachel Goodlett Katz
EstudioChernin Entertainment
DistribuidoraNetflix
EstreaOs Ánxeles: 28 de xuño de 2021
2 de xullo de 2021
Duración107 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Filme seguinteFear Street Part Two: 1978
Na rede
IMDB: tt6566576 Filmaffinity: 626221 Allocine: 257547 Rottentomatoes: m/fear_street_part_one_1994 Allmovie: v722761 Metacritic: movie/fear-street-part-one-1994 Netlix: 81325689Editar o valor em Wikidata

Fear Street Part One: 1994 é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Leigh Janiak, cun guión escrito por Phil Graziadei e Janiak, a partir dunha historia orixinal de Kyle Killen, Graziadei e Janiak.[1] Baséase na serie de libros escritos por R. L. Stine, sendo o primeiro título da triloxía Fear Street. Está protagonizado por Kiana Madeira, Olivia Scott Welch, Benjamin Flores Jr., Julia Rehwald, Fred Hechinger, Ashley Zukerman, Darrell Britt-Gibson e Maya Hawke. O filme conta a historia dun grupo de adolescentes en Shadyside que están aterrorizados por unha serie de asasinos en serie que asolaron a vila por séculos.

Producido por Chernin Entertainment, a adaptación de Fear Street comezou en 20th Century Studios en 2015, con Janiak como director. A rodaxe da triloxía estendeuse dende marzo até setembro de 2019 en Xeorxia, estando prevista a súa estrea en xuño de 2020. Porén, a triloxía foi adiada por mor da pandemia de COVID-19. Despois da adquisición de 21st Century Fox por Disney, Chernin Entertainment acabou co acordo de distribución de 20th Century Studios e deullos a Netflix en agosto de 2020.

Fear Street Part One: 1994 estreouse en Los Angeles State Historic Park o 28 de xuño de 2021, e en Netflix o 2 de xullo de 2021, sendo estreados os próximos dous títulos Part Two: 1978 e Part Three: 1666, as dúas semanas seguintes. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fleming, Mike Jr. (11 de agosto de 2020). "Will 2021 Be The Summer Of Fear? Netflix Eyes That Slot After Landing R.L. Stine 'Fear Street' Movie Trilogy From Disney & Chernin; Leigh Janiak Directed The Trio". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2020. Consultado o 11 de agosto de 2020. 
  2. Atkinso, John (2 de xullo de 2021). "Fear Street Part 1: 1994 Cast & Character Guide". Screen Rant. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]