Falacia patética
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
En crítica literaria denomínase falacia patética á adscrición de sentimentos humanos ao inanimado.
A frase creouna John Ruskin en Pintores modernos (1856), quen a utilizou para descreber negativamente a quen non mostraba "a verdadeira aparencia das cousas para nós", senón o "extraordinario, ou falsas aparencias, cando estamos baixo a influencia ou emoción da fantasía contemplativa".
Trátase dunha forma de personificación moi frecuente en toda a historia da literatura, xa desde Homero. Hoxe en día carece dese valor pexorativo e utilízase para descreber a actuación das forzas da natureza como suxeitos pensantes e sensíbeis. Era moi frecuente no Romanticismo, cando, por exemplo, os ceos se cobrían traxicamente intensificando a dor do protagonista.