Felix Ormazabal
Nome orixinal | (es) Félix Ormazabal Askasibar |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de maio de 1940 Araia (Álava), España (en) |
Morte | 15 de xaneiro de 2022 (81 anos) |
General Deputy of Araba (en) | |
13 de xullo de 1995 – 26 de xullo de 1999 ← Alberto Ansola (en) – Ramón Rabanera Rivacoba (en) → | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
18 de decembro de 1990 – 30 de agosto de 1994 Lexislatura: IV lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Áraba | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
8 de xaneiro de 1987 – 3 de setembro de 1990 Lexislatura: III lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Áraba | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
22 de marzo de 1984 – 1 de outubro de 1986 Lexislatura: II lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Áraba | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
31 de marzo de 1980 – 19 de setembro de 1980 – Carlos Astarloa Ocerin (en) → Lexislatura: I lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Áraba | |
Deputado do Parlamento Vasco na primeira lexislatura | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Lingua | Lingua castelá |
Felix Ormazabal Askasibar, nado en Araia, Asparrena, Áraba, en 1940 e finado en Vitoria o 15 de xaneiro de 2022,[1] foi un político vasco de ideoloxía nacionalista vasca.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Teoloxía e Dereito, formou parte do segundo Consello Xeral Vasco como Conselleiro de Agricultura e Pesca. Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido alcalde da súa localidade natal e Deputado foral de Áraba nas listas do Partido Nacionalista Vasco.
Elixido deputado nas eleccións ó Parlamento Vasco de 1980, renunciou ós poucos meses para seguir ocupando a Consellería de Agricultura e Pesca no Goberno Vasco, que mantivo até 1988. Foi reelixido deputado sucesivamente nas eleccións vascas dende 1984 até 1994. En 1995 foi elixido Deputado xeral de Áraba e no 2000, director de Portos Deportivos da Consellería de Transportes, cargo que ocupou até a vitoria do socialista Patxi López nas eleccións de 2009.