Evasión de La Libertaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Monumento en Oza ós ocupantes da embarcación "La Libertaria", obra de Jorge Pastor.

A evasión de La Libertaria foi a fuxida dun grupo de anarquistas galegos desde A Coruña rumbo a Xixón o 7 de xaneiro de 1937.

Historia[editar | editar a fonte]

Logo da caída da Coruña nas mans dos sublevados, moitos militantes anarquistas agocháronse nos arredores. José Moreno Torres intentou coordinar os grupos de militantes dispersos e en colaboración cos militantes do Sindicato El Despertar Marítimo, organizou unha fuga. Asdrúbal Álvarez Galindo e Maximino Zás Martínez, coa participación de Manuel Montes Don e o seu fillo Carlos Montes Babío, mercaron a gasolineira "Conchita" e nela fuxiron xunto cunha vintena de cadros da Federación Local Obrera da CNT coruñesa e o militante comunista Eladio Freire García. O 4 de xaneiro de 1937 23 cadros da CNT coruñesa embarcaron na motora no embarcadoiro do Pasaxe. Durante o traxecto, os fuxidos mudaron o nome da embarcación polo de “La Libertaria”, tras botar máis de dous días de navegación e ficar á deriva por unha avaría, chegaron ao porto de Xixón o 7 de xaneiro. Unha boa parte deles integráronse no Batallón Galicia.

Os evadidos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]