Estreito de Dinamarca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do Estreito de Dinamarca.

O estreito de Dinamarca (en dinamarqués: Danmarksstrædet, en islandés: Grænlandssund, cuxo significado literal é estreito de Groenlandia) é un estreito mariño que conecta o mar de Groenlandia co océano Atlántico, e que está localizado entre a costa suroriental de Groenlandia, ao noroeste, e a illa de Islandia, ao sueste. A norueguesa illa de Jan Mayen está localizada ao nordés do estreito.

Este paso ten 480 km de longo e 290 km de ancho (de leste a oeste). A corrente mariña de Groenlandia oriental pasa a través do estreito transportando incebergs polo sur até o océano Atlántico.

Durante a Segunda Guerra Mundial tivo lugar unha batalla neste lugar, a batalla do Estreito de Dinamarca, o 24 de maio de 1941.