Estevesiños, Estevesiños, Monterrei
Estevesiños | |
---|---|
Parroquia | Estevesiños |
Concello | Monterrei |
Coordenadas | 41°58′32″N 7°27′27″O / 41.975624754087, -7.457529933435 |
Poboación | 117 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Estevesiños é un lugar da parroquia homónima do concello de Monterrei. No ano 2007 tiña 231 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situado a uns 400 m de altitude sobre o nivel do mar, entre a veiga do río Támega e a serra de San Salvador. O relevo do contorno é achaiado, cunha pequena inclinación cara ao leste. O seu territorio agrícola foi desfigurado por unha recente concentración parcelaria[1] e está cruzado pola estrada OU-1021, que comunica Verín con Laza. Nas terras de labor predominan os viñedos, que ocupan terreos sen relevo destacable ao longo de toda a franxa que chega ata o Támega.
Estevesiños é un asentamento de tamaño medio, cunha superficie total dunhas 12,21 ha, das que 6,69 corresponden ao seu núcleo tradicional. Ten 78 vivendas, do que resulta unha densidade de 6,38 viv./ha[2].
Historia
[editar | editar a fonte]En 1826 figura formando parte da xurisdición de Monterrei, con 38 veciños e 174 habitantes[3]. Está atravesado polo camiño que conecta Monterrei con Laza, identificado coa vía romana que conectaba os itinerarios XVII e XVIII do itinerario de Antonino, no punto no que se cruza con outros que van cara a Tintores e Infesta.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Núcleo tradicional
[editar | editar a fonte]Está composto basicamente por catro barrios compactos e pechados, recoñecidos como barrios con topónimo diferenciado (A Tapia, Vilanova) e que se atopan afastados os uns dos outros, arredor dos cruces de camiños que baixan da serra ou ben arredor de pequenos equipamentos de aproveitamento comunal. Non chegan a acadar o grao de ligazón que teñen os barrios de Vences nin a desenvolver tecidos tan completos. Cada un destes barrios distribúese arredor dun curral interior que en orixe semella ter función agrícola. Certos equipamentos colectivos, como o forno, son comúns a todos os barrios.
Crecemento difuso
[editar | editar a fonte]Tanxente ao núcleo polo oeste discorre a estrada OU-1021, ao longo da cal téñense desenvolvido recentemente algúns aglomerados de novos edificios, principalmente vivendas, pero tamén algúns de tipo industrial, empregando tipoloxías alleas ao contorno rural. Este crecemento disponse ao longo duns 770 m de lonxitude, aínda que a continuidade do crecemento entre Vences e Estevesiños fai difícil precisar esta medida. A súa proximidade a Vences, a distribución de ambos ao longo do camiño que levaba de Monterrei a Laza e a similitude da súa estrutura polinuclear, reflectida tamén na politoponimia, permiten falar dunha continuidade entre os dous núcleos que xa ven de vello, e que só se contradí por constituíren cabeceiras parroquiais diferentes. A distorsión que introduciu a estrada OU-1021 no tecido tradicional non fixo outra cousa que favorecer esta tendencia á continuidade, desbaratando a primitiva estrutura viaria en espiña de peixe para transformala noutra estrutura en peite.
Vialidade
[editar | editar a fonte]O acceso rodado faise principalmente dende Verín e Laza, a través da estrada OU-1021, da que é titular a Deputación Provincial de Ourense. Tamén é posible a comunicación rodada cos núcleos do leste, alén do río Támega, a través das pistas da concentración parcelaria e pequenas pontellas.
Festas populares
[editar | editar a fonte]-7 e 8 de agosto: festas patronais na honra de San Mamede.
-31 de outubro: Samaín
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Estevesiños, Estevesiños, Monterrei.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Estevesiños
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Estevesiños no concello de Monterrei (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Monterrei
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Consellería de Medio Rural". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2011. Consultado o 24 de xullo de 2020.
- ↑ INE
- ↑ Miñano y Bedoya, S. de: Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal. Tomo IV. Madrid, 1826.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Estevesiños, Estevesiños, Monterrei |