Estanislao Núñez Barrios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEstanislao Núñez Barrios
Biografía
Nacemento1882 Editar o valor em Wikidata
Villar de los Barrios, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata

Estanislao Núñez Barrios, nado en Villar de los Barrios (Ponferrada) cara a 1882 e finado en Vigo o 21 de xullo de 1936, foi un empresario español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundou na Coruña a industria La Artística en 1906. Instalou no Calvario a cromolitografía Estanislao Núñez para impresión e construción de envases para conservas en 1921. Foi presidente da Federación Gremial de Patronos de Vigo e directivo da Cámara de Comercio de Vigo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o seu chalé no Seixo foi asaltado por membros da resistencia popular, Estanislao defendeuse a tiros desde o interior e despois intentou ocultarse nun milleiral, pero foi descuberto e abatido.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Saavedra Espoz e foi pai de 12 fillos. Neto seu é Estanislao Fernández de la Cigoña.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fernando Franco (8 de xaneiro de 2014). ""Critiqué en Cangas la caza de ballenas cuando todo el pueblo vivía de Massó"". Faro de Vigo (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 653. ISBN 978-84-8457-448-4.