Estadio Escribano Castilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°45′16″N 3°30′46″O / 36.75444167, -3.51277778

Estadio Escribano Castilla
Datos
LocalizaciónMotril, Granada Andalucía,
España
Construción
Inauguración1980
Custo80 000 000 ptas
Estadio
SuperficieCéspede natural
Dimensións100 x 62,5
Capacidade5.400
PropietarioConcello de Motril
LocalíaMotril Club de Fútbol

O Estadio Escribano Castilla é un estadio de fútbol da cidade de Motril, na provincia de Granada, España, onde xoga os seus partidos como local o Motril Club de Fútbol.

O estadio é de propiedade municipal e debe o seu nome ao que foi alcalde de Motril, Juan Antonio Escribano Castilla (1918-2005). O nome, que durante uns anos foi retirado da entrada do estadio que recibiu o nome de Estadio Municipal de Motril, foi ratificado en pleno municipal durante o mandato de Pedro Álvarez (PSOE) como alcalde da cidade.