Esquerda e Demócratas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Lewica i Demokraci Esquerda e Demócratas |
|
|---|---|
| Coalición de partidos de centro-esquerda | |
| Líder | Aleksander Kwaśniewski |
| Fundación | 3 de setembro de 2006 |
| Disolución | Abril de 2008 |
| Sede | ul. Rozbrat 44 A, 00-419 Varsovia |
| Ideoloxía | Socialdemocracia social liberalismo |
| Filiación internacional | Partido Socialista Europeo, Internacional Socialista |
| Páxina web | www.lid.org.pl |
Esquerda e Demócratas (en polaco: Lewica i Demokraci, abreviado LiD) foi unha coalición política formada o 3 de setembro de 2006, ante as eleccións municipais de Varsovia. A coalición pretendía ser unha alternativa ao nacionalismo conservador de Lei e Xustiza e á dereita liberal de Plataforma Cívica, que eran os dous principais partidos polacos nas eleccións xerais de 2007, mais non o conseguiu, e en abril do 2008, tras desentendidos dos partidos membros, disolveuse a coalición.
A coalición estaba composta de catro partidos:
- Alianza da Esquerda Democrática (SLD)
- Socialdemocracia de Polonia (SdPl)
- Unión do Traballo (UP)
- Partido Democrático (PD)