Especie pioneira
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa bioloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Unha especie pioneira ou oportunista é aquela especie resistente que inicia a colonización dun lugar como a primeira etapa dunha sucesión ecolóxica.
Adoitan ser seres vivos fotosintéticos, xa que son os organismos iniciais de calquera cadea trófica.
Teñen unha gran valencia ecolóxica, pois teñense que adaptar a condicións pouco favorables para a perpetuación de calquera ser vivo. Debido a esta facultade, son especies eurióicas (ou xeneralistas), son moi tolerantes ás variacións das condicións do medio, pero o número de individuos non adoita ser moi elevado.
Desenvolvemento das especies pioneiras no ecosistema [editar]
Nas sucesións primarias as especies pioneiras comenzan a extenderse polo chan a partir dun terreo completamente infértil, como podería ser unha rocha que aflorou á superficie ou unha illa volcánica que xurdíu no mar. En cambio, nas sucesións secundarias, as especies pioneiras comenzan a extenderse nun lugar que sufríu unha perturbación que levou a unha regresión do ecosistema (por exemplo un incendio ou unha praga) pero que conserva o solo ben desenvolvido cun bo número de sementes polo que adoitan ser sucesións máis curtas cás primarias.
Exemplos de especies pioneiras [editar]
- Cyanobacteria
- Ammophila (Poaceae)
- Algas verdes
- Zostera
- Brión