Eladio Fernández Miranda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEladio Fernández Miranda
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Eladio Fernández Miranda, finado na Coruña o 22 de xuño de 1886,[1] foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Levador de libros do Banco de La Coruña.[2] Xornalista, dirixiu un tempo La Ilustración de La Coruña e en 1862 fundou, xunto a Gonzalo Brañas Sánchez-Boado e o seu irmán Ezequiel Fernández Miranda, o xornal El Avisador (que despois pasou a chamarse El Anunciador).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-7-1886, p. 3
  2. Gaceta de Galicia, 25-6-1886, p. 1.