Escola de Summerhill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Summerhill é unha escola inglesa fundada en 1921 por Alexander Sutherland Neill. É unha das pioneiras dentro do movemento das Escolas democráticas. Atende a nenos de educación primaria e secundaria. Actualmente a directora é a filla de A.S. Neill, Zoë Neill Readhead.

Escola de Summerhill.

Unha escola democrática caracterízase por dous principios básicos: a posibilidad de que os alumnos escollan se queren asistir a clase e a dinámica das asembleas, onde todos participan, para decidir as normas da escola.

Educar persoas libres[editar | editar a fonte]

Summerhill destaca por defender que os nenos aprenden mellor libres dos instrumentos de coerción e represión usados pola maioría das escolas. Tódalas súas aulas e obradoiros son opcionais, os alumnos poden escoller as que desexan frecuentar e as que non. Neill fundou a escola co convencimento de que "un neno debe vivir a súa propia vida, non a vida que os seus pais queiran que viva, non unha vida decidida por un educador que supón saber o que é mellor para o neno".

Influencias[editar | editar a fonte]

En 1917 Neill coñece Little Commonwealth, unha escola-reformatorio dirixida por Homer Lane, psicoanalista estadounidense. O que máis lle sorprende foi que os propios mozos internos, presos por cometer delitos, xestionaban o espazo. Outro psicoanalista que tivo forte influencia sobre Summerhill foi Wilhelm Reich, amigo persoal e tamén analista seu. Nótase a presencia das súas ideas, en especial na defensa dunha educación colectiva en sustitución da educación burguesa e estratificada.

Wilhelm Reich elaborou algúns escritos sobre a educación, onde discute cales serían as formas axeitadas de educar e cales non, tendo en conta a felicidade das persoas. Para el, unha educación que frustre ou que satisfaga excesivamente está abocada ó fracaso. Frustrar en exceso significa educar unha persoa apocada, conformista, incapaz de satisfacer as súas propias vontades. Pero satisfacer de máis significa crear unha persoa inadaptada, incapaz de convivir socialmente.

A educación tradiconal defende e estimula a represión dos instintos e das vontades da infancia. Neill, influído pola psicanálise, pensa que esta represión é a responsable de moitas das neuroses que se manifiestan na persoa, tanto na nenez como na vida adulta.

Ideais[editar | editar a fonte]

Neill establece que a principal meta dunha escola debe ser auxiliar ós seus alumnos para que estes sexan capaces de encontrar a felicidade propia, e é por iso que propón un modelo moi diferente ó das escolas tradicionais, que segundo el só conseguen promover unha atmosfera de medo. Para que unha persoa sexa feliz necesita primeiro ser libre para escoller o seu propio camiño. É por iso que renuncia a calquera tipo de autoridade moral ou xerárquica e xerarquía.

En Summerhill, ningún adulto ten máis dereitos que un neno. Todos deben ser libres, entendendo a liberdade como unha construción colectiva. A liberdade non acaba cando comeza a do outro, como defendían os iluministas, senón que precisa que todos sexan libres para existir.

A pedagoxía tradicional supón que os nenos teñen unha tendencia natural ó egoísmo, sendo necesaria unha interferencia autoritaria por parte da familia e a escola para desenvolver o altruismo. Summerhill parte do mismo suposto pero non chega ás mesmas consecuencias: o neno é egoísta, pero ese egoísmo non é malo en si mesmo. O egoísmo infantil é unha etapa do crecemento do neno (tese acorde coas investigacións do psicólogo suízo Jean Piaget) que se se desarrolla naturalmente desemboca no altruísmo; existe un momento no que o niño necesita dos demais, e entón o seu propio egoísmo o abre á comunidade. Inculcar ós nenos principios altruístas antes de que sexan capaces de asimilalos só produce individuos medrosos e hipócritas. A educación tradicional erra nesa interferencia autoritaria, sen percibir que é xustamente ese tipo de interferencia a que alimenta aquilo que identifica como problema. Segundo Neill é só a través do medo como se pode intentar forzar o interese dalguén.

Na escola tódalas reglas de convivencia e solucións ós problemas que xorden no día a día son resoltas nunha asemblea semanal, onde cada persoa, xa alumno, profesor ou funcionario, ten dereito a voz e voto, manténdose o principio de que tódolos votos valen o mesmo. As normas da escola son construídas entre todos, todos se sinten parte do colectivo e se empeñan en melloralo. Un bo exemplo diso son os castigos defendidos pola asemblea. Nunha ocasión, un nen que non tiña cartos para ter a súa propia bicicleta, colleu unha doutro neno para dar unha volta e acabou estrelándoa. O castigo foi que tódolos membros da escola fixesen unha colecta para comprar unha bicicleta nova e para comprar outra ó neno que a collera por non ter cartos. Non existe sentimiento de odio ligado ó castigo.

A escola[editar | editar a fonte]

Summerhill atende alumnos de entre 5 e 16 anos. Os nenos e nenas son divididos en tres grupos de idade: de 5 a 7 anos, de 8 a 10 e de 11 a 15.

Os nenos durmen na escola durante todo o período lectivo e son instalados por grupos de idade cunha "nai de casa" por cada grupo. Os alumnos non sofren inspeción nos seus cuartos e ningúen é responsable por deixar os obxectos persoais fóra de sitio agás o seu propio dono.

As mañás utilízanse para as clases, e pola tarde os nens son libres para realizar actividades diversas que elixen eles mesmos. Malia que os alumnos non son forzados a participar nas clases, un grupo pode expulsar dunha aula a un alumno absentista por ralentizar o desarrollo dos traballos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]