Wilhelm Reich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wilhelm Reich
Datos persoais
Nacemento 24 de marzo de 1897
Lugar Dobrzanica, Galitzia, Imperio austrohúngaro
Falecemento 3 de novembro de 1957
Lugar Lewisburg, Pensilvania, Estados Unidos
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia
Nacionalidade Austria, Estados Unidos
Etnia
Cóncuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión Ateo
Actividade
Campo Psiquiatría, psicanálise
Alma mater Universidade de Viena
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por Freudomarxismo, psicoterapia corporal, orgón
Influído por Max Stirner, Sigmund Freud, Karl Marx
Influíu en Alexander Lowen, Fritz Perls, Ronald Laing, Arthur Janov, Colin Wilson, Shulamith Firestone, Marie Louise Berneri, Paul Goodman, Saul Bellow, Norman Mailer, A.S. Neill, William Burroughs
Premios

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Wilhelm Reich, nado en Dobrzanica, Galitzia (Imperio austrohúngaro) o 24 de marzo de 1897, e finado en Lewisburg, Pensilvania (EUA) o 3 de novembro de 1957, foi un inventor, postulador da teoría do orgón, médico, psiquiatra e psicanalista austríaco-estadounidense.

Foi membro da Sociedade Psicanalítica de Viena, sendo inicialmente un discípulo de Freud, aínda que co tempo experimentou un cambio bastante apreciable en canto ás súas teorías sobre a psicanálise. Dos seus estudos de Freud, os puntos que máis lle interesaron foron o inconsciente, a neurose e a libido.

Mentres que algúns clasifícano como un dos pensadores máis lúcidos e revolucionarios do século XX, outros aseguran que as súas ideas e teorías ben poderían catalogarse como delirios. Foi expulsado dos círculos comunistas e da escola psicanalítica pola radicalidade dos seus plantexamentos, foi perseguido polos nazis na Alemaña polo seu libro Psicoloxía de masas do fascismo e, finalmente, foi xulgado nos Estados Unidos, onde se lle diagnosticou esquizofrenia progresiva, sendo lanzados os seus manuscritos ao lume o 23 de outubro de 1956. Reich morreu no cárcere un ano despois dun ataque ao corazón, un día antes da apelación da súa sentenza.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1922 Wilhelm Reich diplómase como médico pola Universidade de Viena. Continúa a súa formación en psiquiatría con Wagner-Jauregg (premio Nobel de Medicina) e Paul Schilder. Coñeceu a Sigmund Freud en 1919, en 1923 comezou a traballar no Policlínico Psicoanalítico de Viena e máis adiante a coordinar o Seminario Técnico, e comezou a escribir artigos para revistas de psicanálise. En 1925 apareceu o seu primeiro libro, O carácter compulsivo, e en 1927 a primeira versión de A función do orgasmo, dedicada a Freud.

Primeira etapa[editar | editar a fonte]

Casa na que viviu Wilhelm Reich entre 1935 e 1939 en Drammensveien, cerca de Olaf Kyrres plass, en Frogner, Noruega.

Wilhelm Reich foi un dos primeiros colaboradores de Sigmund Freud, cara 1922, quen o describiu como o seu «discípulo máis brillante». Reich, de xeito recíproco, mostrou gran entusiasmo polas teorías de Freud, en especial no relativo á sexualidade. Mais pronto saltarían moitas diferenzas entre Reich e Freud. Ao contrario que Freud, que foi deixando de lado o instinto sexual e a dicotomía pracer/dor para centrarse noutros conceptos como o instinto de morte, Reich levou o tema da sexualidade e a psique ao extremo, chegando a afirmar o principio económico en contradistinción co tópico e o dinámico, que se mantiveron como os piares das diferentes escolas psicanalíticas.

Para Reich o sexo e o traballo teñen unha relación bioenerxética, polo que a saúde mental dunha persoa se pode medir polo seu potencial orgásmico. Isto quere dicir que un individuo psiquicamente san goza do sexo libremente, sen traumas nin inhibicións, e unha persoa neurótica non. Segundo Reich, Freud e os seus acólitos fóronse acomodando ao lado dos seus diváns aplicando terapia interminables, das que Reich prescindiu para centrarse no corpo físico.

Un dos seus descubrimentos consistiu no feito de que as persoas non neuróticas manifestaban o que el chamou reflexo de orgasmo, consistente no movemento involuntario, incontrolable e repetido da cadeira á hora da descarga orgástica. Observando as actitudes e os movementos corporais dos seus pacientes, Reich chegou á conclusión de que os tratamentos psicanalíticos convencionais da época eran moi pouco eficaces porque as barreiras psicolóxicas do paciente tendían a perpetuarse inconscientemente. En certo modo, as persoas tiñan medo a romper os seus bloqueos. Inventou, pois, a análise caracterolóxica. Desta maneira, antes de pretender chegar ao centro do problema do psíquico do paciente, a misión do terapeuta consistía en derrubar as barreiras que bloqueaban o libre fluxo de enerxía psíquica do paciente aplicando o principio de que a psique dunha persoa e a súa musculatura voluntaria son funcionalmente equivalentes. Reich dispúxose a combater as enfermidades mentais a través da liberación das tensións musculares crónicas.

Reich descubríu que o reflexo do vómito é profundamente relaxante e que os exercicios de estiramento da zona anterior do tronco acaban provocando que a persoa chore sen aparente motivo. Posteriormente elaborou un sistema de curación que consiste no desbloqueo progresivo dos diversos segmentos que compoñen o noso organismo: cranio, pescozo, diafragma, ventre e cadeira. Reich entendeu que a personalidade funciona en ciclos de tensión/liberación, nos que unha correcta vida sexual é indispensable para esta última. Finalmente, Reich percibiu que os patróns musculares se poden explicar desde o punto de vista dunha enerxía vital que recorre o corpo e que máis tarde chamaría enerxía orgónica. Con isto Reich redescubriu para occidente o concepto de chi (tamén chamado baraka, vril) amplamente estendido en oriente e nas sociedades herméticas. Un dos moitos discípulos de Reich, Alexander Lowen, inventou posteriormente a bioenerxética, conxunto de técnicas curativas baseadas nestes descubrimentos.

Segunda etapa: achegamento ao marxismo[editar | editar a fonte]

Posteriormente, Reich adheriuse ás ideas marxistas e afiliouse ao Partido Comunista. A partir de entón o seu traballo orientouse cara a procura dunha síntese entre o materialismo dialéctico e a psicanálise. Destacan neste período as súas obras A revolución sexual e Psicoloxía de masas do fascismo. Reich postulou que a viraxe cara a metapsicoloxía iniciada por Freud a partir do seu texto Máis alá do principio do pracer (1920) se debía a que o carácter burgués deste lle impedía aceptar as conclusións revolucionarias que se obtiñan a partir dos seus propios descubrimentos: a primacía do inconsciente, o papel central da represión sexual na psicopatoloxía, etc. Para Reich a maior parte da poboación sofre patoloxías mentais e vive en condicións de forte represión sexual. Reich considera que o dominio dunha clase social sobre outra necesita que a maior parte da poboación sufra unha atrofia na súa vida sexual, pois iso garante ás clases dominantes individuos pasivos e que acaten a autoridade sen cuestionala. Deste xeito Reich conclúe que o capitalismo é incompatible coa saúde mental da poboación, que só se poderá lograr a través da revolución socialista. Isto levou a Reich a criticar a Freud, por considerar que colocaba o principio de realidade nun altar, elevándoo a categoría incuestionable. Mentres que a terapia psicanalítica freudiana buscaba superar a neurose mediante a adaptación do paciente ao principio de realidade, os postulados de Reich implicaban necesariamente que a superación da neurose estaría estreitamente ligada á transformación da realidade. Esta conclusión entronca claramente co pensamento marxista.

Os psicanalistas freudianos rexeitaron as elaboracións de Reich por consideralas 'politizadas'. Dentro do marxismo a recepción non foi unánime: algúns recibiron ben a súa obra, pero outros considerárona lixeiramente tinxida de idealismo e obxectaron que o coñecemento de Reich do materialismo dialéctico era moi superficial.

Reich afiliouse ao Partido Comunista da Alemaña, a partir do cal creou organizacións da xuventude obreira por unha política sexual que tiveron un importante crecemento, mais pronto o stalinismo expulsouno das súas filas. Reich intercambiou un par de cartas con León Trotsky, pero rapidamente romperon contacto.

Terceira etapa[editar | editar a fonte]

Máquina para rexistrar a influencia das radiacións de orgón.

A terceira etapa do pensamento de Wilhelm Reich é a máis polémica e a que os seus detractores utilizaron para cualificar o conxunto da súa obra como «delirante».

Os seus estudos centráronse no orgón, palabra que combina «organismo» e «orgasmo». Para Reich, o orgón é a enerxía vital de todo organismo, é a forza motora do reflexo do orgasmo. Ademais, é de cor azul, medible e omnipresente.

Toda materia viva é creada por esta enerxía e prodúcea. Co fin de facelo visible, constrúe en 1940 o primeiro Acumulador de Enerxía Orgónica, unha caixa de madeira ou outro material orgánico con revestimento interno de metal, pois a primeira absorbería a enerxía orgónica mentres que a segunda a atraería. O obxectivo de Reich era facer fluír a enerxía no corpo dos seus pacientes. Enfermidades como o cancro, para el non eran máis que acumulacións de orgóns negativos, polo que experimentou con enfermos terminais de cancro crendo que podía axudalos. Creou o Instituto do Orgón, a súa Editorial e Orgonon, fogar do acumulador de orgóns e un centro de investigación. Cabe sinalar que os resultados das súas investigacións só puideron ser replicados polos seus seguidores, en ningún caso por escépticos.

Desenvolveu a terapia chamada Vexetoterapia Caracteroanalítica, concibida para liberar as tensións da coiraza caracterolóxica, produto dos impulsos sexuais e as emocións reprimidas. Cada individuo créase unha coiraza mediante hábitos corporais e actitudes, co fin de protexerse tanto do mundo externo como dos seus propios desexos e instintos. Reich afirmou que a coiraza corporal está dividida en sete áreas ou sectores que forman bandas arredor do corpo nas que se estanca a enerxía. As áreas son os ollos, a boca, o pescozo, o peito, o plexo solar, a cintura ou pelve e os xenitais. Reich debía analizar estas áreas en cada individuo e axudarlle a desbloquealas para que a enerxía ou Orgón puidese fluír novamente. O desbloqueo era realizado mediante masaxe, movemento, sons e exercicios.

Reich morreu en 1957 no cárcere. Dez anos despois do seu pasamento saiu editado Reich fala de Freud, unha serie de entrevistas realizadas en 1952 en Maine para os Arquivos Sigmud Freud. Contiña un anexo documental de cartas e artigos que permitiron aclarar moitos aspectos dese tempo que impedían ver a valoración científica da obra de Reich.

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

  • A Revolución Sexual.
  • O Asasinato de Cristo.
  • Psicoloxía de masas do fascismo.
  • Lecturas seleccionadas: unha introdución á Orgonomía.
  • Paixón xuvenil: Autobiografía, 1897-1922.
  • Odisea americana: cartas e diarios 1940-1947.
  • Alén da Psicoloxía: cartas e diarios 1934-1939.
  • A investigación bioeléctrica da sexualidade e a ansiedade.
  • Os experimentos Bion: a orixe da vida.
  • A función do orgasmo (Descubrimento do Orgón, vol.1).
  • A biopatía do cancro (Descubrimento do Orgón, vol.2).
  • Nenos do futuro: a prevención de patoloxías sexuais.
  • O experimento de Oranur.
  • Contacto co espazo: esegundo reporte de Oranur.
  • Superimposición cósmica: as raíces orgónicas do home na natureza.
  • Ether, deus e demo.
  • A invasión da moralidade sexual compulsoria.
  • O acumulador de enerxía orgónica, o seu uso científico e médico.
  • Xente en problemas: a praga emocional da humanidade, vol.1).
  • Reich fala Acerca de Freud.
  • Análise do carácter.
  • ¡Escoita, pequeno home.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wilhelm Reich