Erdal İnönü

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erdal İnönü.jpg

Erdal Inönü, nado en Ancara en 1926 e finado o 31 de outubro de 2007, foi un físico e político turco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do segundo presidente da república, Ismet Inönü, estudou física na Universidade de Ancara e especializouse no Instituto de Tecnoloxía de California en 1951. Foi profesor axudante na Universidade de Ancara e profesor titular de física na Universidade Técnica de Oriente Medio de Ancara (1960-66), onde fixo investigacións sobre os neutróns. En 1974 pasou á Universidade do Bósforo en Estambul ata que en 1983 entrou en política, foi un dos fundadores do Partido Socialdemocrático Popular e o seu líder entre 1983 e 1993, foi viceprimeiro ministro entre 1991 e 1993 e ministro de asuntos exteriores en 1995.

A súa contribución máis coñecida ao campo da física teórica é o método de contracións Inönü-Wigner, que estable as relacións entre os grupos de Lie