Epipona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Epipona é un pequeno xénero de insectos himenópteros da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos polistinos, que é o tipo da tribo dos epiponinos.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1802 polo entomólogo francés Pierre André Latreille,[1] na súa obra Histoire naturelle, générale et particulière des crustacés et des insectes. Tome troisième.[2]

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1][2]

  • Epipone Latreille, 1804
  • Epiponus Saussure, 1875

Especies[editar | editar a fonte]

Até principios do século XXI recoñecíanse no xénero catro especies, pero na actualidade conta cunha máis, descrita en 2002:[1]

  • Epipona guerini (Saussure, 1854)
  • Epipona media Cooper, 2002
  • Epipona niger (Brethes, 1926)
  • Epipona quadrituberculata (Gribodo, 1892)
  • Epipona tatua (Cuvier, 1797)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Epipona Latreille, 1802 no GBIF. Consultado o 26 de xullo de 2021.
  2. 2,0 2,1 Epipona Latreille, 1802 no IRMNG.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]