Eparquía ortodoxa grega de Volodymyr e Brest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEparquía ortodoxa grega de Volodymyr e Brest
Imaxe

Localización
Xeografía
Parte de

A eparquía de Volodymyr-Brest foi unha sé da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla, parte da metrópole de Kíiv. En 1596 entrou en unión coa Igrexa Católica.

Territorio[editar | editar a fonte]

A eparquía abranguía parte da rexión de Volinia e a parte setentrional de Podlaquia.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi estabelecida na Volinia polos seguidores dos santos Cirilo e Metodio. En 992 pasou a formar parte da metrópole de Kíiv.

Entre 1302 e 1332, entre 1337 e 1347, e entre 1371 e 1401 a eparquía foi parte da metrópole de Galicia.

En 1596 o bispo Ipatii Potii aceptou a Unión de Brest, entrando en comuñón coa Igrexa Católica.