Enriqueta Gastelumendi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnriqueta Gastelumendi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1913 Editar o valor em Wikidata
Río Grande, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte29 de agosto de 2004 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Ushuaia, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora Editar o valor em Wikidata

Enriqueta Gastelumendi, nada no departamento Río Grande o 15 de xullo de 1913 e finada en Ushuaia o 29 de agosto de 2004, foi unha talladora artesanal fueguina coñecida tamén como a India Varela, considerada unha dos maiores expoñentes da cultura da rexión, e unha dos últimos descendentes directos do pobo selk'nam, mestiza de nai selk'nam e pai vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 15 de xullo de 1913 no departamento Río Grande, Terra do Lume, na estancia Viamonte. Era a menor de cinco irmáns, fillos de María Felisa Cusanchi -derivado do orixinal Kusanche-, falecida en 1949 e Ramón Gastelumendi, falecido en 1918.[1] O apelido vasco do pai fai referencia a un topónimo e significa "monte do castelo".

Naqueles anos, a poboación selk'nam diminuíra drasticamente por mor do xenocidio selk'nam; de catro mil indíxenas que había en 1880, quedaban uns cincocentos en 1905, amparados polas misións salesianas e a misión de Bridges nas estancias Harberton e Viamonte.

Comezou a tallar figuras de animais da zona en madeira de lenga empregando as ferramentas mínimas indispensables. Cando Enriqueta cumpriu cinco anos, trasladáronse á estancia Harberton, e máis adiante á estancia Moat, onde falece o seu pai, con quen tiña unha excelente relación. Alí, o encargado da estancia era Jesús Varela, que en principio se converte en padrasto de Enriqueta, converteuse no seu marido, a instancias da súa propia nai, que a obrigou a casar co español.

Enviuva en 1959 e queda a cargo dos seus nove fillos. Molestáballe o alcume co que a xente se refería a ela, a India Varela.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Guanaco: a figura que máis tallaba en lenga a India Varela.

A maior parte dos seus tallados foi vendida aos turistas que de todas partes do mundo chegaban a Ushuaia e vían as súas obras a través da xanela da súa casa, na céntrica rúa San Martín. A peza de maior dimensión é un guanaco, demorou dous anos en tallala. Até 1992 traballou como docente no taller de libre expresión da Dirección de Cultura de Terra do Fogo, en Ushuaia. Nos anos 1980 traballou como mestra de tallado no colexio salesiano da obra de Don Bosco en Ushuaia. Confeccionou a chave da cidade de Ushuaia.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Foi declarada Cidadá Ilustre de Ushuaia en 1993.
  • As súas obras exhíbense no Museo da Fin do Mundo.
  • O seu nome foi imposto á Casa Municipal de Cultura, á biblioteca da Escola N.º 9 de Ushuaia, unha escola de ensino secundario e á feira do paseo dos artesáns de Ushuaia.[3]
  • Manuel Tomás Valdivia, autor da novela El Secreto de Darwin, realizou un vídeo de 30 minutos chamado Enriqueta, la última selk’nam, no que a entrevista.[4]

Falecemento[editar | editar a fonte]

Faleceu o 29 de agosto de 2004, aos 91 anos, como consecuencia dunha pneumonía que se lle presentou en xuño dese ano.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Quere dicie "cara ancha" en lingua selk'nam
  2. Juan Manuel Scotti (06/13 de xullo de 2007). "Enriqueta Gastelumendi: La última del pueblo de los hombres de a pie (II / II)" (en castelán). Euskonews & Media. Consultado o 24 de febreiro de 2010. 
  3. sitio web del Gobierno de TDF (1 de xullo de 2011). "El Gobierno inauguró el nuevo edificio secundario para la urbanización Río Pipo". Casa de Gobierno de TDF. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 6 de outubro de 2011. 
  4. Instituto Nacional de Antropología y Pensamiento Latinoamericano - Argentina. "Área de Medios Audiovisuales - Listado de videos" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2010. Consultado o 25 de febreiro de 2010. 
  5. Cámara de Diputados de la Nación. "Proyecto de declaración de la Cámara de Diputados" (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2010. 
  6. Silvio Bocchicchio (31 de agosto de 2004). "A los 91 años murió la última india ona" (en castelán). La Nación. Consultado o 24 de febreiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]