Encoro de Kárahnjúkar
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
O encoro de Kárahnjúkar é o maior embalse de auga de toda Europa. Está situado ao leste de Islandia. A superficie cuberta por esta presa vén sendo do 3% da extensión total da illa islandesa.
[editar] A gran polémica
O muro do encoro, no 2006.
A construción desta presa desatou unha gran polémica no país do xeo, pois o seu levantamento foi considerado por ecoloxistas de todo o planeta unha perigosa cicatriz na maior franxa natural impoluta de Europa. Era a gran empresa contra o medio ambiente. Por unha banda a empresa de aluminio estadounidense á que a obra hidráulica abastece e pola outra o descontento da poboación islandesa. Detrás desta polémica desatada escóndense numerosos problemas na economía islandesa, así como o esgotamento dos recursos pesqueiros e agrícolas da illa.