Emerson Electric
Emerson Electric | |
---|---|
Fundación | 1890 |
Matriz | Emerson Electric Company |
Localización | Ferguson, Missouri, Estados Unidos |
Fundador | John W. Emerson |
Persoas clave | David N. Farr (Director e CEO) Edward L. Monser (Presidente e COO) Frank Dellaquilla (SVP e CFO) |
Industria | Telecomunicacións |
Produtos | Sistemas para o control de procesos Tecnoloxías ambientais Tecnoloxías da enerxía Automatización industrial Motores eléctricos Sistemas de almacenaxe Redes eléctricas Ferramentas profesionais |
Número de empregados | 133.200 (2011) |
Na rede | |
http://www.emerson.com e https://www.emerson.com/global | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Emerson Electric Company é unha corporación multinacional norteamericana con sede en Ferguson, Missouri (EUA). A empresa está na lista Fortune 500, fabrica produtos e ofrece servizos de enxeñería para unha ampla gama de actividades industriais, comerciais, e os mercados de consumo doméstico.
Emerson é un dos maiores fabricantes de equipamento enerxético dos Estados Unidos cunha presenza global en máis de 150 países.
Historia[editar | editar a fonte]
Emerson foi fundada en 1890 en St. Louis, Missouri, como Emerson Electric Manufacturing Co. polo veterano unionista da Guerra de Secesión John Wesley Emerson para a fabricación de motores eléctricos que utilizaban unha patente propiedade dos irmáns escoceses Charles e Alexander Meston. En 1892 converteuse no primeiro en vender ventiladores eléctricos nos Estados Unidos. Rapidamente ampliou a súa gama de produtos para incluír máquinas eléctricas de coser, trades dentais eléctricos e ferramentas eléctricas.
Durante a segunda guerra mundial a empresa converteuse no maior fabricante de armamento para avións.
En 2007 as vendas de Emerson nos mercados internacionais foron o 52 % do total, superaron por primeira vez na súa historia as vendas nos Estados Unidos.
Sectores de negocio[editar | editar a fonte]
Emerson produtos, solucións e servizos está no mercado con varias plataformas de negocio:
Emerson Process Management tecnoloxía de produción, así como servizos de enxeñería e xestión de proxectos para a precisión de control, seguimento e optimización de activos das centrais que producen enerxía ou procesos: petróleo, gas natural e petroquímicos, alimentos e bebidas, polpa e papel, produtos farmacéuticos e auga potable e sistemas de augas residuais.
Emerson Network Power proporciona sistemas de enerxía auxiliar, alimentación eléctrica, refrixeración de precisión e tecnoloxías de conectividade para centros de datos, redes de telecomunicacións e outras aplicacións.
Emerson Climate Technologies fabricante mundial de calefacción, acondicionamento de aire e ventilación, e as solucións de refrixeración para aplicacións residenciais, industriais e comerciais, incluíndo compresores Copeland Scroll e termóstatos White-Rodgers.
Emerson Industrial Automation fabricante mundial de alternadores, motores eléctricos e accionamentos, dispositivos de distribución eléctrica, transmisión de potencia mecánica, automatización de fluídos e soldadura por ultrasóns.
Emerson Appliance Solutions fabricante de trituradoras de refugallos de alimentos (marca InSinkErator) e solucións de tecnoloxía utilizados en lavadoras e secadoras.
Emerson Storage Solutions fabricante de sistemas de almacenamento residencial, atención médica, servizos de alimentos e comerciais, incluíndo marcas ClosetMaid e Metro.
Emerson Professional Tools Emerson ferramentas profesionais eléctricas e ferramentas manuais, aspiradoras en húmido/seco, e equipos de almacenamento de ferramentas para profesionais e bricolaxe, incluíndo a marca RIDGID.
Emerson Motor Technologies
Emerson Innovation Center
Filiais de Emerson[editar | editar a fonte]
|
|
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina web de Emerson (en varias linguas)