Embrace (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Embrace
Álbum de Embrace
Publicado: 1987
Datas de gravación: novembro de 1985 e febreiro de 1986
Estudio(s) de gravación: Inner Ear Studio
Duración: {{{duración}}}
Xénero: post-hardcore
Selo(s): Dischord Records
Producido por:

Embrace é a única edición da banda estadounidense de post-hardcore Embrace, publicada no ano 1987 a través do selo Dischord Records. Foi recompilado das dúas únicas sesións de estudio que o grupo gravou. As 11 primeiras cancións graváronse en novembro de 1985 e as outras 3 en febreiro de 1986, todas elas nos Inner Ear Studios coa mesma formación.

Orixinalmente foi lanzado en casete e vinilo, e publicouse en CD no ano 1992. En maio do 2002 editouse en CD remasterizado con dous temas extra, versións alternativas de "Money" e "Dance of Days" gravadas na primeira sesión de estudio.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Give Me Back" – 2:32
  2. "Dance of Days" – 2:16
  3. "Building" – 1:58
  4. "Past" – 1:53
  5. "Spoke'" – 2:00
  6. "Do Not Consider Yourself Free" – 2:23
  7. "No More Pain" – 3:11
  8. "I Wish I" – 2:11
  9. "Said Gun" – 2:11
  10. "Can't Forgive" – 2:31
  11. "Money" – 2:37
  12. "If I Never Thought About It" – 2:32
  13. "End of a Year" – 2:36
  14. "Last Song" – 2:27