Eles transportan a morte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eles transportan a morte
Ficha técnica
Título orixinalEles transportan a morte
DirectorHelena Girón
Samuel M. Delgado
ProdutorBeli Martínez
GuiónHelena Girón
Samuel M. Delgado
IntérpretesNuria Lestegás
Sara Ferro
Xoán Reices
Valentín Estévez
David Pantaleón
MúsicaCamilo Sanabria
FotografíaJosé Ángel Alayón[1]
MontaxeManuel Muñoz Rivas
EstudioBlond Indian Films
El Viaje Films
Filmika Galaika S.L
La Banda Negra
EstreaFestival de Donostia: 2021
Duración75 minutos
OrixeGalicia Galicia
Illas Canarias Illas Canarias
Colombia[1]
XéneroDrama
Recadación4.038,77 €[2]
Na rede
IMDB: tt15100048 Filmaffinity: 686532 Editar o valor em Wikidata

Eles transportan a morte é un filme de 2021 dirixido por Helena Girón e Samuel M. Delgado. Foi rodado en lingua galega e conta con partes en castelán. É unha coprodución entre estudios de Galicia, as Canarias e Colombia.

Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Donostia de 2021, onde conseguiu unha mención especial na Sección Zabaltegi. Na 36ª edición da Semana da Crítica da Mostra de Venecia conseguiu un premio á mellor achega técnica.[1] Estreouse nos cinemas o 13 de maio de 2022.[3]

Sinopse[editar | editar a fonte]

A historia está ambientada no ano 1492 e conta a historia de tres membros da tripulación de Cristovo Colón que parten canda el cara a América. Porén, ao chegar ás illas Canarias, foxen cunha das velas do barco.[3]

Produción[editar | editar a fonte]

A rodaxe levouse a cabo durante catro semanas en diversas localizacións da provincia de Ourense e na illa de Tenerife.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "La película ‘Eles transportan a morte’ llega este viernes a los cines". diariodeavisos.elespanol.com. 12 de maio de 2022. Consultado o 12 de maio de 2022. 
  2. Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Eles transportan a morte". Consultado o 13 de outubro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Porto, Héctor J. (10 de maio de 2022). "«Eles transportan a morte», cinema poético contra o relato épico da historia". La Voz de Galicia. Consultado o 12 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]