Eleccións xerais de Polonia de 1997

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As eleccións xerais de Polonia de 1997 celebráronse o 21 de setembro. Para o Sejm (Parlamento) votou o 47,93%, do cal o 96.12% foi válido. Para o Senado, votou o 46,92%, cun 97.82% de votos válidos.

As eleccións foron gañadas polo partido liberal conservador Acción Electoral Solidariedade, que formou coalición coa Unión da Liberdade. As eleccións botaron á Alianza da Esquerda Democrática e ao Partido Popular Polaco do goberno.

Eleccións xerais de Polonia Sejm (Parlamento), 1997

Partido % Escanos
Acción Electoral Solidariedade pl.Akcja Wyborcza Solidarność 33.8 201
Alianza da Esquerda Democrática pl.Sojusz Lewicy Demokratycznej 27.1 164
Alianza da Liberdade pl.Unia Wolności 13.4 60
Partido Popular Polaco pl.Polskie Stronnictwo Ludowe 7.3 27
Movemento Reconstrución de Polonia pl.Ruch Odbudowy Polski 5.6 6
Minoría Alemá 2

Eleccións xerais de Polonia Senat (Senado), 1997

Partido Escanos
Acción Electoral Solidariedade pl.Akcja Wyborcza Solidarność 51
Alianza da Esquerda Democrática pl.Sojusz Lewicy Demokratycznej 28
Alianza da Liberdade pl.Unía Wolności 8
Partido Popular Polaco pl.Polskie Stronnictwo Ludowe 5
Movemento Reconstrución de Polonia pl.Ruch Odbudowy Polski 3
Outros pl.niezrzeszeni 5