Senado de Polonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Senat é o nome da cámara alta (senado) do parlamento polaco. No Senat hai 100 membros electos por voto universal, directo e secreto nunha mesma votación que se realiza como máximo cada 4 anos, e sempre coincidindo co proceso electoral no que se escollen os representantes da cámara baixa (Sejm).

Corresponde ao presidente de Polonia a convocatoria dos comicios.

A sede do Senado está en Varsovia a carón do Sejm, na rúa Wiejska. Ao presidente desta cámara coñésceselle polo título de "Marechal do Senado" (Marszalek Senatu). Hoxe ocupa esa cadeira Bogdan Borusewicz.

Historia[editar | editar a fonte]

Sesión do Senado polaco na cidade de Jasna Góra in 1661.

A institución senatorial polaca remóntase a hai máis de 500 anos, tendo existido unha organización bicameral do estado sen interrupción até o definitivo desmembramento de Polonia, coa Terceira Partilla do país en 1795.

Recuperado coa reintrauración da República no período de entreguerras, o Senat foi novamente abolido polas autoridades da República Popular de Polonia, e reestablecido de volta coa chegada da democracia no 1989.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]