El tiempo es oro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El tiempo es oro foi un concurso de televisión, emitido por Televisión Española entre 1987 e 1992. Estaba realizado por Sergi Schaaf e presentado por Constantino Romero coa axuda de Janine Calvo. O concursante debía superar varias quendas de preguntas de cultura xeral. Unha vez superada esa fase, era cuestionado sobre un tema específico da súa propia elección. Finalmente, con axuda de dous amigos e documentación enciclopédica, debía contestar a unha pregunta final, sempre cun tempo máximo como límite para responder.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]