El Valdoncel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Valdoncel
LocalidadeBetanzos
editar datos en Wikidata ]

El Valdoncel foi un xornal editado en Betanzos en 1890.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario de Betanzos, apareceu en marzo de 1890. O fundador e propietario era Fernando Boni Castro. Estivo dirixido por Adolfo Vázquez Gómez e entre os seus redactores figuraron José Alguero Penedo, Juan Gómez Navaza e Ramón Sanjurjo Ossorio. En maio o director e os redactores abandonaron o xornal para fundar El Mendo e Manuel J. Lema pasou a dirixir o xornal. O último número conservado é o 240, do 27 de outubro de 1890. En novembro de 1890 fusionouse con El Mendo, e a nova publicación conservou o título de El Mendo coa dirección de Adolfo Vázquez Gómez.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Regional, 24-11-1890, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]