El Hermandino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Hermandino
LocalidadeMondoñedo
Na rede
BVPH: 4362
editar datos en Wikidata ]

El Hermandino foi un periódico editado en Mondoñedo entre 1882 e 1886.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico bisemanal, apareceu o 6 de xullo de 1882. Publicábase os mércores e sábados. A partir do número 140 do 2 de febreiro de 1884 cambiou o subtítulo por Periódico bisemanal de intereses generales y noticias. Dirixido por Pedro Rodríguez Gómez, editábase na imprenta de Hermenegildo Mancebo. De tendencia liberal, publicaba como suplemento unha Hoja literaria quincenal na que colaboraron Manuel Amor Meilán e Pedro Rodríguez Gómez. Aínda se publicaba en novembro de 1886.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Galicia, 22-11-1886, p. 2.