El Esquilón
El Esquilón | |
---|---|
Localidade | Pontevedra |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Esquilón foi un semanario editado en Pontevedra en 1861.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Periódico satírico-filfático, filarmónico y de intereses materiales, apareceu o 7 de abril de 1861. Publicábase os domingos. Dedicouse a promover críticas sociais. Foi o seu editor Eduardo Mella e o director Manuel Ángel Couto até a súa morte. Os redactores eran o propio Manuel Ángel Couto, Heliodoro Cid Rozo e Vicente Gregorio Aspa. Cesou a súa publicación en xuño dese ano.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Esquilón, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.