El Eco de Monterrey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Eco de Monterrey
editar datos en Wikidata ]

El Eco de Monterrey foi un periódico decenal editado en Verín entre 1920 e 1936.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano del partido liberal-conservador y defensor de los intereses generales del distrito, apareceu o 8 de xullo de 1920. Fundado e dirixido por Antonio Oterino Cid, tamén estivo dirixido por Enrique Vidal de Bustamante. Entre os seus colaboradores figuraron Eloy Luís André, Carlos Nieves Borjas, Miguel Hervella Urdániz, Ruiz de Tudanca e José María Pereda Álvarez. Ofrecía información local, poesía, relatos literarios e artigos nos que criticaba o seu opoñente Nuevo Támega.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]