El Eco Ortegano
El Eco Ortegano | |
---|---|
Localidade | Ortigueira |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Eco Ortegano foi un periódico editado en Ortigueira entre 1902 e 1913.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Semanario independiente, apareceu o 5 de xaneiro de 1902. Fundado por José Antonio Calvo Montero, cunha orientación liberal, o administrador era Ramón Álvarez Fustes, con Federico Maciñeira na redacción. En febreiro de 1905 pasou a dirixilo Dámaso Calvo Moreiras, fillo do fundador. A partir de 1906 o administrador pasou a ser Manuel Cabarcos. Insería informacións dos concellos da comarca, folletíns, crónicas políticas e traballos vinculados cos emigrantes galegos de América.
Tivo unha segunda época que comezou o 15 de xaneiro de 1911. O cambio de orientación política do seu director desencadeou a modificación da súa tendencia liberal por unha postura máis conservadora. Cesou a súa publicación o 26 de outubro de 1913.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. p. 377. ISBN 84-7492-489-8.