El Defensor Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Defensor Gallego
LocalidadeOurense
Na rede
Galiciana: 3847
editar datos en Wikidata ]

El Defensor Gallego foi un periódico editado en Ourense en 1918.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario de la mañana, apareceu o 14 de febreiro de 1918. Declarouse liberal e foi defensor da candidatura de Fernando Melgarejo para deputado a Cortes polo distrito do Carballiño.[1] Ademais da información de carácter xeral incluía un servizo telegráfico e novas do estranxeiro. Entre os seus colaboradores figurou Vicente Risco. Cesou a súa publicación en agosto de 1918.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo de Galicia, 15-2-1918, p. 3.
  2. Gaceta de Galicia, 20-8-1918, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]