El Centinela (Chantada)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Centinela
LocalidadeChantada
Na rede
Galiciana: 579870
editar datos en Wikidata ]

El Centinela foi un semanario editado en Chantada entre 1912 e 1914.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario independiente, defensor de los que rezan, trabajan y pagan, o primeiro número saíu o 26 de maio de 1912. Foi unha publicación de tendencia católica agraria. O director era Lorenzo Vázquez Macedo, o administrador Ramón Gutiérrez Tojo e os redactores Julio Pérez de Guerra e Marcial García Cereijo. O 24 de decembro de 1913 adoptou o novo subtítulo de Semanario chantadino independiente baixo a nova administración de Jesús Vázquez Campo. Incluía temas de carácter agrario, relixioso e relacionados coa emigración, e informaba sobre as actividades de Acción Gallega. Posuía unha sección denominada Municipalerías e no número 40 inseriu un "Catecismo Municipal" semellante ao Catecismo do labrego de Lamas Carvajal. Mantivo unha constante polémica co periódico chantadino La Comarca. Deixou de editarse en maio de 1914 no número 104.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]