El Álbum Ibero-Americano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Álbum Ibero-Americano

Portada do primeiro número.
Fundación7 de agosto de 1890
Remata30 de decembro de 1909
DirectorConcepción Gimeno de Flaquer
Linguacastelán
LocalidadeMadrid
Ámbito(España)
ISSN2171-648X
Na rede
HemBNE: 0003028610 HemBNE: 2958416
editar datos en Wikidata ]

El Álbum Ibero-Americano foi unha revista publicada na cidade española de Madrid entre 1890 e 1909, dirixida por Concepción Gimeno de Flaquer.

Historia[editar | editar a fonte]

A revista foi publicada en Madrid entre 1890 e 1909,[1] dirixida pola escritora e xornalista Concepción Gimeno de Flaquer.[1][2] El Álbum Ibero-Americano mantivo unha liña editorial na que confluían posturas contraditorias, ó esforzarse en manter un equilibrio entre as ideas feministas que empezaban a agromar na sociedade e as tendencias máis tradicionais, contendo artigos de ideoloxía moi conservadora.[2]

Nela colaboraron mulleres como a propia Gimeno de Flaquer, Julia de Asensi, Carolina Coronado, Ermelinda de Ormache, Emilia Calé y Torres ou Josefa Pujol de Collado, ademais de moitas autoras hispanoamericanas como Adela Castell, Mercedes Cabello de Carbonera, Delfina María Hidalgo.[2] Tamén escribiron nela autores masculinos como Gustavo Baz, Juan Pérez Zúñiga, Salvador María de Fábregues, Melchor de Palau, Salvador Quevedo y Zubieta, o «Marqués de Valmar» ou o marido da directora, Francisco de Paula Flaquer.[2]

Foi a continuadora en España da revista mexicana El álbum de la mujer, a cargo tamén do matrimonio Flaquer.[3] Esta segunda época da revista comezaría o 7 de agosto de 1890[2] ou o 7 de xaneiro de 1891.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]