Elías Arias Parga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 Rábade, España |
Morte | 6 de abril de 1985 (71/72 anos) México |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Pai | Fernando Arias Rodríguez |
Irmáns | Fernando Arias Parga |
Elías Jesús Arias Parga, nado en Rábade en 1913 e finado en México o 6 de abril de 1985, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Fernando Arias Rodríguez e de Celia Parga. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela licenciándose en 1936.[1] Foi secretario xeral de Izquierda Republicana de Santiago de Compostela. En febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela.[2] Durante a Guerra Civil foi comisario político do exército leal,[3] e pertenceu á sección de información do Estado Maior Central. Exiliouse en México. Saíu de Pauillac a bordo do Ipanema rumbo a Veracruz en xullo de 1939. Sancionado polo tribunal de responsabilidades políticas con seis anos de inhabilitación especial para cargos públicos e o pago de cincocentas pesetas en febreiro de 1941.[4] En México asinou o manifesto "A la emigración republicana española y a los republicanos gallegos" xunto cos galegos de Izquierda Republicana Laureano Poza Juncal, Jesús Bernárdez Gómez e Ramón Padín, no folleto "Conducta seguida a causa de la representación gallega en el Gobierno".[5]
Obras
[editar | editar a fonte]- Apuntes de Teoría General del Estado, Escuela de Jurisprudencia de Campeche, 1944.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en México con Adda Cárdenas Méndez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 11-7-1936, p. 8.
- ↑ El Pueblo Gallego, 12-2-1936, p. 9.
- ↑ "República. Comisarios políticos GCE, Listados". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2021. Consultado o 03 de agosto de 2021.
- ↑ BOE, 22-4-1941.
- ↑ Sixirei Paredes, Carlos (1987). Alfredo Somoza. Encadramento histórico dunha figura esquecida do galeguismo. Sada: Do Castro. p. 94.