Ekos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

E.K.O.S. (Eu Ke Ostia Sei) é un grupo musical de rock en castelán formado en Rianxo en 2006.

Membros[editar | editar a fonte]

Antigos membros[editar | editar a fonte]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A banda nace a mediados do 2006 da man de Ricardo Figueiro, Carlos Cernadas, Aitor Abuín e "Makensi", uníndose a eles como cantante "Joker" a finais do mesmo ano.

Despois de levar un tempo versionando cancións de Hard Rock clásico español e internacional, compuxeron os seus primeiros temas, os cales incluíron na súa primeira maqueta gravada entre o 2008 e o 2009 en "El Estudio Deambulante" na Pobra do Caramiñal.

Ata a data, E.K.O.S. compartiu escenario con grandes grupos do panorama galego, como son Recambios Tucho, Riff Raff, Strabismo e outros.[1][2]

No ano 2009, conseguen tocar no Playa Club, un local da Coruña, grazas á participación nun concerto de promoción de grupos noveles da compañía de telefonía móbil Movistar.

A finais de 2009, Makensi deixa o grupo incorporándose Juan Ramón "Pichón" á batería. A principios do ano 2012, deciden facer un parón, para centrarse noutros proxectos.

Notas[editar | editar a fonte]