Efigenio Ameijeiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Efigenio Ameijeiras Delgado»)
Infotaula de personaEfigenio Ameijeiras

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1931 Editar o valor em Wikidata
Puerto Padre, Cuba (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de febreiro de 2020 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Causa da mortechoque séptico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCuba Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Habana Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMilitar, escritor
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militargeneral de brigada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJuan Manuel Ameijeiras Delgado, Gustavo Ameijeiras e Ángel Ameijeiras Editar o valor em Wikidata
Premios


Efigenio Ameijeiras Delgado, nado en Pueblo Viejo (Jesús Menéndez, Las Tunas, Cuba) o 21 de setembro de 1931 e finado na Habana o 10 de febreiro de 2020, foi un militar e escritor cubano de orixe galega.

Era un dos irmáns Ameijeiras e foi comandante guerrilleiro durante a guerra revolucionaria contra a ditadura de Fulgencio Batista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do galego Manuel Ameijeiras Fontelo, natural de Campo Lameiro[1], e a cubana María das Angustias Delgado Romo, de Corral Falso en Matanzas. Aos catro anos quedou orfo ao desaparecer seu pai polo que súa nai tivo que asumir soa a manutención dos seus fillos.

Un dos seus irmáns, Juan Manuel Ameijeiras, foi un dos asaltantes ao Cuartel Moncada e morreu asasinado pouco despois. Efigenio foi fundador da primeira célula clandestina do Movemento do 26 de xullo. Expedicionario do Granma, segundo xefe da Fronte Frank País e Comandante da Revolución. Ademais de Juan Manuel (asasinado en 1953), os seus irmáns Gustavo e Ángel Ameijeiras tamén foron asasinados durante a ditadura de Fulgencio Batista, ambos en 1958.

Despois do triunfo revolucionario o 3 de xaneiro de 1959, o presidente provisional Manuel Urrutia nomeouno Xefe da Policía Nacional Revolucionaria. Ameijeiras tivo unha destacada actuación durante a invasión de Baía de Cochinos, en abril de 1961, e con posterioridade foi ascendido a Xeneral de División das FAR, recibindo o título honorífico de Heroe da República de Cuba.

Licenciado en Historia na Universidade da Habana, foi autor da triloxía Más allá de nosotros (xunto aos volumes La clandestinidad e La Sierra Maestra).

Púxoselle o seu apelido e o dos seus irmáns ao principal hospital de Cuba, o Hospital Hermanos Ameijeiras. Faleceu na Habana o 10 de febreiro de 2020 aos 88 anos de idade.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Os outros galegos na revolución cubana". Sermos Galiza. 29 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de xaneiro de 2019. 
  2. "Falleció el General de División Efigenio Ameijeiras Delgado". Granma (en castelán). 10 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de marzo de 2020.