Edward Emerson Barnard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edward Emerson Barnard.

Edward Emerson Barnard, nado en Nashvile o 16 de decembro de 1857 e falecido o 6 de febreiro de 1923, foi un astrónomo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai morreu antes do nacemento e non recibiu educación formal. Aos nove anos converteuse en axudante dun fotógrafo. Desenvolveu interese pola astronomía e en 1881 descubriu o seu primeiro cometa, seguiu descubrindo máis cometas nos anos seguintes e os astrónomos afeccionados de Nashville recolleron fondos para que puidera estudar na Universidade de Vanderbilt, graduouse en 1887 e entrou a traballar no observatorio de Lick.

En 1892 observou unha nova e foi o primeiro en observar as emisións gasosas, deducindo que era unha explosión estelar. Nese ano descubriu Amaltea, o quinto satélite de Xúpiter.