Donicelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Donicelas é un grupo de seis pandeireteiras de Salceda de Caselas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Para as Donicelas a pandeireta e os cantos tradicionais comezaron sendo un xogo desde nenas, xa que no colexio coincidiron cun mestre, Toniño -do grupo Treixadura- que soubo facer da música unha materia atractiva, xa que conseguiu que este obradoiro fose o máis solicitado polas pequenas artistas. A música das Donicelas enfeitizou primeiro un colexio, logo a toda unha vila e así apareceron as primeiras actuacións, comezaron a soar na radio, na TVG e TVE en Galiza e gravaron o disco Que nunca foi abalada, ademais de colaboraren noutros.

Neste primeiro disco recollen algunhas das pezas tradicionais e de autor que veñen formando parte do seu repertorio, e outras de nova colleita, coma as aprendidas dos veciños e veciñas de Barro e Arén (Cerdedo): "O balón", "Muiñeira de Barro de Arén" e "Xota da Bouzana".

Intérpretes:[editar | editar a fonte]

  • Rosa González: voz, pandeireta, cunchas e palmas
  • Andrea Rodríguez: voz, pandeireta, cunchas e palmas
  • Noelia Martínez: voz, pandeireta, pandeiro e cunchas
  • Isa Troncoso: pandeireta, pandeiro e cunchas
  • Bea Pérez: voz, pandeireta e cunchas
  • Tere Pérez: voz, pandeireta, pandeiro, palmas e cunchas

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]